miércoles, 9 de enero de 2008

A VERDADEIRA HISTORIA DO PARQUE EMPRESARIAL DE SANXENXO

Hoxe queremos sacar á luz a verdade sobre o que está acontecendo co enlace do polígono Industrial de Sanxenxo. Non facemos mais que ler na prensa declaracións que non aportan nada novo e que, en moitos dos casos, non fan, senón confundir.
O que aquí acontece é unha clara batalla política entre Xunta de Galicia (PSOE e BNG) e Concello de Sanxenxo (PP).
O fondo de tódalas discusións é a construcción da infraestructura de entrada ó polígono dende a Autovía que se está a construír, xunto coa que comunicará dita vía con Gondar e Vilalonga (infraestructura prevista no Plan Xeral de Sanxenxo).
Cando se proxectou o desdobre da Vía Rápida do Salnés en Autovía, a Xunta de Compensación do S.U. 15 de Nantes (Parque empresarial de Sanxenxo) cedeu un total de 23.000 metros cadrados de terreo ó Concello, por petición da CPTOPT (Consellería de Política Territorial Obres Públicas e Transportes), a cambio da construcción do enlace do polígono coa autovía. A CPTOPT apodérase desta superficie e decide que é o Concello quen ten que cubrir os gastos da infraestructura de entrada ó citado Parque. Ante isto, o Goberno Local negase e paraliza as obras de desdobre no tramo que lle cedera á Xunta de Compensación, xa que, de non facer eles o enlace, o Concello non lle cede este terreo a CTPOPT de xeito gratuíto. Cando isto sucede, a Xunta de Galicia crea unha bolsa de cartos que pagarán a expropiación dos terreos, pero esta bolsa vai a nome dos seus antigos propietarios, algo surrealista, xa que ese terreo pertence dende que se comezou a facer o polígono a Xunta de Compensación, e con este organismo nunca se contou para nada.
Resulta que os anteriores Gobernos, Local e Autonómico, ambos en mans do PP, non deixaron constancia de quen sería o órgano encargado de levar a cavo a obra. Dous anos despois, a Xunta de Galicia mudou de mans, e entrou no poder a coalición entre PSdG PSOE e BNG, mentres que en Sanxenxo seguen gobernando os Populares.
Na actualidade, o Concello mantén unha dura batalla coa Xunta en 6 proxectos máis, tanto relacionados coa rede viaria, como de tipo urbanístico e, incluso existen tamén dúas frontes abertas con Medio Ambiente, o que nos mostra que a separación entre ambas Administracións é total.
En Nantes, ningunha das dúas se quere facer cargo do custo que supón dotar ó polígono dunha entrada en condicións e dunha estrada que permita os habitantes de Vilalonga acceder a dito parque ou a autovía, sen necesidade de pasar por Sanxenxo.
O futuro do Parque empresarial non se pode ver comprometido polos erros que os anteriores mandatarios cometeron, nin moito menos. Sanxenxo merece algo mais que iso. Estamos a tempo e en disposición de dotar a este polígono das entradas que precisa para que poida traballar a pleno rendemento, como se esperaba del.
Ata este momento, os organismos públicos non investiron nin un só euro neste parque, e creemos que é o momento de que o fagan, xa que, polígonos similares da Comunidade estanse a financiar con cartos públicos. Durante todo este proceso, o único que cumpriu coa súa parte do trato foi a Xunta de Compensación, que fixo o que se lle pediu no prazo que se lle esixía. Era competencia deles ter o polígono nas condicións nas que se atopa actualmente, comunicado con tódalas parroquias colindantes a través de pequenas entradas, coa infraestructura de conexión co futuro parque empresarial de Meaño e co tramo de estrada que uniría a Autovía con Vilalonga, que, a pesares de que pasa por dentro do polígono era competencia da Xunta e mais do Concello a súa construcción. Eles fixeron do Polígono o elemento de unión e de integración en Sanxenxo de núcleos rurais como Nantes, O Santo, Dadín, etc. que dende a construcción da Vía Rápida do Salnés se quedaran completamente illadas. E casualmente, é a propia Xunta de Compensación a que están a pagar os desacordos políticos. Eles e, no caso de non chegar a un acordo, tódolos demais veciños do Concello de Sanxenxo e outros Concellos, como Meaño, xa que os cidadáns de Dena e arredores chegarían a autovía en menos de tres minutos a través da estrada de unión entre estes dous puntos que ninguén quere facer. Agora é responsabilidade do Concello e mais da Xunta pórse de acordo para acadar unha solución coherente ó problema. Unha boa entrada o polígono, xunto con unha estrada que una o mesmo coa afastada Vilalonga faríanos un Concello moito mais grande e unido que nunca. Por non falar da desconxestión de trafico que isto suporía, sobre todo no verán, nunha vila que é un caos circulatorio na época estival.
Aínda que non o pareza, estamos a falar dun polígono que a pleno rendemento garantiría o “paro 0” no concello para os vindeiros 25 ou 30 anos. E se a actual Alcaldesa non é quen de pórlle solución, fágano vostedes PSOE e BNG. Os vosos compatriotas mandan na Comunidade Autónoma e a vos si que vos escoitarán. Esa é a forma de facer unha oposición leal para cos cidadáns do seu Concello e gañarse os seus votos, non criticar sen aportar solucións. E aínda que se teñan que postular en contra dos intereses dos seus partidos na Xunta, estarán demostrando interese polos veciños de Sanxenxo, que son a quen vostedes representan. O noso futuro depende de vostedes, non xoguen con el.
VIPS postúlase do lado da Xunta de Compensación e apoia o Goberno Local, e a Alcaldesa parece estar facendo todo o que está nas súas mans para solucionar o problema, incluso véndose na obriga de mandar a Policía Local a deter as obras de desdobre no terreo en discusión. Estas dúas posturas son de agradecer, pero hai que seguir traballando, non só serven as palabras. O que é realmente vergonzoso é a actitude dos grupos do PSOE e BNG. Dende o PSOE prefiren facer política xeral con este problema, antes de buscar o ben para os veciños do Concello. Simplemente se adican a repetir o que diga o seu partido dende o Goberno Autonómico.
O caso do BNG é aínda mais escandaloso para con Sanxenxo, xa que dende Santiago, o propio BNG mostra o seu total apoio á Xunta de Compensación e os representantes locais de este mesmo partido reclaman que a estrada a fagan os propietarios do parque cos cartos que obtiveron das plusvalías. Incrible.
A solución teñen que acordala o Concello de Sanxenxo e a Xunta de Galicia, e deberían de facelo antes de que a Autovía estea rematada, xa que logo suporía un tremendo caos circulatorio e un custo económico moito maior. Que mellor forma de presionar a Xunta que ir todos da man dunha mesma idea, unha idea que naza de pensar nos intereses de Sanxenxo, dos seus actuais veciños e dos futuros habitantes deste Concello.Unha idea que cando chegue a Xunta de Galicia, so polo peso da gran cantidade de xente a que representa, lles obrigue a solucionar este problema. Esa sería forma de facerlle ver a Xunta que Sanxenxo SI está preparado para ser un referente a nivel comarcal e autonómico.

¿QUÉ PASARÁ SE NON SE CHEGA A UN ACORDO?
No caso de non haber un acordo entre as administracións, o polígono quedaría semi morto. Camións de grande tonelaxe non poderían acceder ó mesmo, co que as empresas non estarían interesadas en instalarse nel. Os vehículos pesados que si puideran acceder terían que facelo polas estradas de sempre, e non me quero imaxinar o que suporá ter que entrar 50 tráilers en Sanxenxo en pleno verán. Colapsarán aínda mais o municipio.
En definitiva, non dotar o Polígono desta entrada significaría condenalo ó fracaso. Sería como ter un transatlántico no río de Fabaiños.

¿QUÉ ALTERNATIVAS SE PODEN LEBAR A CAVO SE OS POLÍTICOS NON SE POÑEN DE ACORDO?
Esta pregunta xa a fixeron os membros da Xunta de Compensación, quen lle propuxo a CPTOPT correr cos gastos da obra, e logo, durante os anos que dure a concesión da estrada cobrar polo número de vehículos que circulen por a mesma, pero ó Director Xeral parece que non lle gustou moito a idea de que os beneficios de explotación os fosen a levar outros cos que non contaban e bloqueou esta iniciativa.
A outra opción de que costeen a obra os propietarios sería que política Territorial e Concello de Sanxenxo lles pagasen o tramo de estrada que a Xunta de Compensación xa ten realizada dentro do polígono e que uniría a autovía coas vilas de Vilalonga e Gondar. Este tramo, que discorre por dentro do polígono, xa está rematado, e foi financiado pola Xunta de Compensación, cando deberían habelo pagado entre o Concello (48%) e a Xunta de Galicia (52%).
O que en ningún caso é unha alternativa viable é a barbaridade que puido escoitarse de boca do secretario Xeral da Consellería de Ordenación do Territorio, e que reiterou o representante local do Grupo Nacionalista, de que son os propietarios dos terreos os que deben realizar a obra coas plusvalías que van obter dos seus terreos dentro do polígono. Señores, en todo caso, coas plusvalías terán que render contas a facenda pública, que é quen se encarga diso, pero non facer estradas.

¿ESTE PROBLEMA PREOCUPALLE REALMENTE A XUNTA DE GALICIA?
A resposta é moi clara: NON. A Xunta de Compensación tentou por tódolos medios poñerse en contacto coa conselleira de Política territorial, a Sra. Dna. Mª Xosé Caride, co fin de acadar unha solución a un problema de tan grande magnitude. A carta contestouna, moito tempo despois, un señor que ninguén coñece que di ser o “Xefe de Gabinete da Conselleira”. A resposta veu a ser que a Señora Caride tiña cousas mais importantes que facer. Vamos, que 5.000 postos de traballo directos dentro dunha comarca que nun so trimestre perdeu 7.000 deben ser un problema menor para Caride.
Con este panorama, a Xunta de Compensación decide ir mais aló, e remiten unha carta o presidente da Xunta de Galicia, Don Emilio Pérez Touriño. E aquí xa nin sequera un descoñecido contesta. A resposta é silencio.
Parece que por parte do Goberno Autonómico non interesa que, nun Concello en mans do PP se produza un impulso tan grande como sería este Parque Empresarial coas entradas necesarias para garantir a súa actividade a pleno rendemento. Parece ser que Sanxenxo xa é importante de abondo e non o debe ser mais.

OUTRAS CURIOSIDADES DO CASO:
Este problema, xa dende as súas orixes é surrealista, xa que a empresa concesionaria da obra de desdobramento da vía rápida (UTE Copasa-Puentes-Caixanova) cando esta saíu a concurso, no prego de Condicións Técnicas especificábase a construcción do enlace, polo que se deduce que contaban con facelo e polo tanto xa está presupostado. Deste xeito non entendo por que non son eles os que fan a obra. E no caso de non facela, dese presuposto que eles deron haberá que descontar os cartos que custe esta obra, xa que, doutro xeito estarían cobrando por algo que non fixeron, e iso eu creo que é…ilegal.

As presións comezan a ser moi fortes, e non se descarta que no prazo dende a elaboración deste artigo (26/11/2007) ata a súa publicación (02/12/2007) ambas partes acaden un acordo.
Esperemos que así sexa e que cando vostedes lean isto, xa sexa unha historia cun final feliz para todos.

ENLACE DA AUTOVÍA CO PARQUE EMPRESARIAL DE NANTES E VILALONGA

Datos obxetivos. Fonte Xunta de Compensación do S.U.15 de Nantes (Parque Empresarial de Sanxenxo)

· El Polígono Empresarial de Nantes debería ser un revulsivo a la economía comarcal.
· La Junta de Compensación del Polígono Empresarial de Nantes, cree que ha llegado el momento de que tanto el Concello como la Consellería de Política Territorial, desbloqueen el problema del acceso a dicho polígono, y el acceso por el mismo a lugares como Nantes o Villalonga.
· Consecuencias del No acceso:
El no acceso al Parque Empresarial tendría una merma considerable en lo que a nuevos puestos de trabajo se refiere, ya que se estima en alrededor de 5.000 los nuevos empleos que se generarían con la puesta en marcha de dicho Parque. Hay que recordar que en el último trimestre, esta Comarca tuvo un aumento en las cifras de empleo de 7.000 parados más, lo que hace todavía más ilógico que la Xunta no se avenga a un razonamiento con el Concello.
El no acceso a Nantes y Villalonga, haría que el tráfico rodado pesado para acceder al Parque se hiciese por vías secundarias y terciaras, lo que pondría a Sanxenxo en una situación de tráfico insoportable, ya que para acceder a dicho Parque habría que hacerlo, por ejemplo, desde la céntrica calle Progreso en esa localidad, lo que haría que Sanxenxo estuviese colapsado continuamente por camiones de gran tonelaje.
· Esta Junta de Compensación cedió 23.000 metros cuadrados al Concello a cambio de hacer el enlace a dicho Parque y a Nantes, corriendo esta Junta con la urbanización de la carretera que cruza el Parque Empresarial para conectar con esa parroquia, y que ya está totalmente realizada y urbanizada. De hecho, en un informe emitido por la Dirección Xeral de Obras Públicas, se dice textualmente que "a construcción do enlace será asumida pola sociedade concesionaria de forma parcial" o que "as obras correspondentes á sociedade concesionaria comprenderán a execución dos catro ramáis de entrada e saida na glorieta".
· La concesionaria sabía que tendría que hacer el enlace.
Es más, la empresa adjudicataria de dicha Vía (la UTE Copasa-Puentes-Caixanova) era conocedora de que tendrían que hacer ese enlace, ya que cuando salió a concurso la obra de desdoblamiento, en el Pliego de Condiciones Técnicas se especificaba este último punto. Los promotores del polígono dicen que “si en un Pliego de Condiciones Técnicas viene reflejado ese particular, la empresa a la hora de presentar su presupuesto global lo ha tenido en consideración y lo ha incluido es sus partidas económicas. Es decir, la empresa tuvo que presupuestar la construcción del enlace en el total de la obra. Ese dinero no puede desaparecer ahora de dicho presupuesto, en algún lado debe de estar”.
· Por parte de esta Junta también quieren hacer público nuestra más enérgica protesta ante la negativa de la Consellería de Ordenación del Territorio a recibirlos para tratar de desbloquear este tema, al decirlos que "a actual complexidade e intensidade da axenda da Sra. Conselleira fan imposible atender todalas solicitudes de entrevista nun plazo razoable de tempo, polo que me vexo na obriga de desestimar a súa solicitude", carta firmada por Xosé Carlos Álvarez, Xefe de Gabinete da Conselleira. Creen que este escrito es una barbaridad, toda vez que el problema al que se hace referencia tiene la importancia suficiente para ser recibidos por la Conselleira o por la persona que ella crea conveniente, pero nunca cerrar la puerta en las narices a un grupo de empresarios, generadores de empleo y dinamizadores de una Comarca de importancia enorme en el tejido empresarial gallego.
· Dicen que “la Conselleira no tiene toda la información suficiente (que pretendíamos hacerle conocer en dicho encuentro negado) o que la que tiene no es la correcta, porque desde que se puso en marcha este polígono el enlace al mismo SIEMPRE estuvo presente en los documentos, planos, planes parciales, planes generales, etc., y SIEMPRE con cargo al erario público, no al privado. Si así fuera, probablemente desde el inicio de la promoción privada del Parque Empresarial se habrían realizado las cosas de otra manera o, simplemente, no se habría realizado el mismo, y tendría que desarrollarse el Parque por expropiación. Este último supuesto haría que el Parque tendría un coste de millones de euros para las arcas públicas. El Parque no le ha costado ni un céntimo de euro a los contribuyentes, es más, hemos tenido que pagar, como no podía ser de otra forma, una serie de impuestos, permisos y tasas que han revertido en las distintas Administraciones públicas. Por eso no entendemos la negativa de la Consellería a hacer algo que estaba comprometido y con presupuesto para hacerlo, y que en realidad no le va a acostar ni un céntimo al contribuyente, porque se hace por una permuta, es decir, por la cesión de nuestros 23.000 metros cuadrados (aproximadamente 2'5 millones de euros de suelo)”.
· La Xunta niega un enlace a Nantes pero da dinero a los madrileños:
La Xunta de Galicia busca soluciones para no tener que pagar el enlace comprometido en el Plan General, para enlazar la Vía Rápida, porque pasa por un Polígono promovido por empresarios de la zona, sin embargo, en el Barbanza, en un polígono de titularidad pública, acaban de adjudicar su urbanización a una empresa madrileña (Técnicas Territoriales Urbanas S.L. ), cuyo domicilio social se encuentra en Madrid. El rasero de medir es distinto dependiendo de cada Consellería..
· La indefensión en la que nos encontramos en estos momentos es total. Por un lado no tenemos acceso al Polígono y por otro no tenemos los 23.000 metros cuadrados que cedimos a cambio de dicho acceso. O sea, que en estos momentos, la única iniciativa privada por este sistema que existe en Galicia se encuentra en un punto de desilusión total y de incomprensión administrativa. Pusimos nuestros terrenos, nuestro dinero, nuestra ilusión. Fuimos señalados como referentes y se nos aplaudió por llevar a cabo esta actuación, y ahora se nos vilipendia y se nos ningunea por parte de la Xunta. Creemos que el señor Presidente de la Xunta debería de tomar medidas urgentes y ordenar la inmediata realización del entronque.
· Por último, queremos hacer público nuestro agradecimiento a todos los colectivos vecinales, empresariales y sociales que nos están mostrando su apoyo, así como el de la alcaldesa de Sanxenxo, que creemos que está haciendo todo lo posible para salvar esta situación, aunque haya tenido que llevar a cabo acciones de una gravedad como la de acotar una parte del desdoblamiento de la Vía Rápida. Sabemos que es una medida muy grave, pero más lo es que la Conselleira ni reciba, ni solucione, ni aporte ninguna acción positiva encaminada a desbloquear el problema. “

A NOSA HISTORIA EN FOTOS

Este mes temos unha fotografía de 1962 no Enxido, onde se estaba a celebrar unha “corrida de touros”, por suposto ficticia. Nesta xuntanza veciñal, vemos un público numeroso e ansioso por ver o que o gracioso raparigo ía facer con esa especie de garfo e coitelo. Non queremos despedirnos ata o mes, sen antes animarvos a participar nesta fermosa sección, enviando a vosa fotografía a casa veciñal de Adina ou chamando a un dos dous números da portada. Graciñas

A TORRE DO GAIÁS

En 1913, o arqueólogo alemán Robert Koldewey, descubriu no que sería a antiga Mesopotamia, unha escaleira entre o ceo e a terra, que deu pé á fabulosa historia da Torre de Babel. Este episodio está presente no texto do Xénesis, onde se relata que os homes, reunidos na chaira de Shinear, despois do Diluvio Universal (outra fabulosa historia que noutro momento interpretarei), resolveron levantar unha torre xigantesca. Deus, ao ver o que intentaban, obstaculizou os seus plans "confundindo as súas linguas" de modo que os obreiros non se puidesen entender entre si. Ao quedar incapacitados de traballar de común acordo, os construtores abandoaron a empresa e dispersáronse en diferentes direccións. A torre inconclusa e a cidade edificada en torno a ela chamábanse Babel ou Babilonia.
E como din que a historia é cíclica, recóllese dos textos de Heródoto (historiador e xeógrafo grego do século V a.C.) o que se presaxiaba que ía acabar pasando en Galiza:
En 1999, o entón presidente do goberno galego Manuel Fraga, iniciou o que chamaría “o soño de calquer gobernante”, proxectou a chamada Cidade da Cultura de Galiza. Quería atraer “visitantes e riqueza”, e pensou que a construción da Cidade da Cultura suporía unha nova peregrinaxe cultural a Santiago de Compostela, como se dunha nova Catedral se tratase. Non sei se Deus estaría moi de acordo en compartir a peregrinaxe ao seu Santo con esta mastodóntica oferta cultural. Posiblemente, vendo a competencia co icono relixioso, decidiu no deixar que o proxecto se vese rematado. A súa fórmula foi a seguinte:
As obras comezadas no 2000 seguindo os planos de Peter Eisenman, paralizáronse a mediados de setembro de 2005. Un dato importante do que non fala Herodoto é do financiamento da obra, que naquel tempo tiña que resolverse posiblemente polo sistema de troco, que aínda que non era moi exacto, sí era xusto. Neste caso, a incertidume de canto custaría o proxecto e ata o de agora unha constante. O presuposto inicial de 133 millóns de euros facía tempo que non daba nin para os ladrillos, tendo que sacar dos petos públicos máis do dobre do estimado: 274 millóns de euros, quedando pendentes de adxudicación 37 millóns de euros. Non só os cartos quedaban desfasados, as datas de conclusión das obras tamén: entre finais de 2004 e principios de 2005. A día de hoxe non hai data exacta para a entrada en funcionamento do complexo.
Xunto coas trabas económicas, existía unha falta de contido e funcionalidade nese entramado de edificios que configuraría a Cidade da Cultura. Diso encargouse o novo goberno, que a falta de ideas pedía opinión ao pobo. Pero despois de probar o ben que resultou no episodio da antigüidade a confusión de falas, Deus aproveitou para poñela en práctica de novo. E así foi como na chamada Comisión de Investigación da Cidade da Cultura conseguiu confundirnos a todos cos testemuños de aqueles que tiveran relación coas actuacións públicas referidas á construción. As testemuñas definiron o complexo arquitectónico do Monte Gaiás cada unha en cadanseu idioma. Dende logo, o último que fixeron foi poñerse de acordo na finalidade do proxecto. Foi visto como un beneficio persoal en moitos casos, aínda que Pérez Varela botara bágoas dicindo que non ten un peso. Tamén foi canteira de xóvenes licenciados, coma no caso de Manuel Fernández Balboa, que non traballou como becario precisamente. E aínda que existira un incomprensible erro de cálculo según Juan Hernández López, a Xunta en funcións tirou pola borda os cartos que non lle correspondían en adxudicacións de obras.
Pero si entre eles non se aclaran, os que están agora o teñen tamén complicado. Mentres Emilio Pérez Touriño afronta o marrón como algo irreversible que naceu mal; Anxo Quintana dálle a volta á tortilla, propoñendo utilizalo para fortalecer, normalizar e darlle futuro á cultura galega.E nós mentres tanto, sen ver de preto iso do que todos falan, mantémonos a espera de que os obreiros se poñan de acordo entre sí e resolvan rematar a obra que tantos cartos, incompetencias e dicires está a malgastar. Porque non nos enganemos, o problema non se encontra nun monte de Santiago de Compostela. O problema témolo tódolos galegos, e como promotores da obra é consecuente esixir responsabilidades e resolucións que seguen sen aparecer.

A

NA INTERNET, POUCAS AGAIAS

Imos falar dun tema que verdadeiramente nos parece un abuso e unha forma de propaganda totalmente gratuíta e sen ningún tipo de escrúpulos. Isto non é outro que os blogs que ultimamente están a aparecer na internet, blogs que falan dos “problemas” do concello, enfocados dende o punto de vista de quen os comenta ou redacta, e de seguro, que tamén vistos dende detrás das cores de certos partidos políticos. Cada un que faga o que queira que é libre diso, o que dende a revista de Adina non podemos e non queremos permitir e ver como se critica cruelmente e faltando o respeto, sen que nadie diga nada. Se hai que dicir algo sobre alguén creo que se pode facer sen ofender. A sociedade está “asustada” pola falta de educación dos nosos cativos, e de repente, poste a ler estas páxinas na Internet, e vés de onde ven esa falta de educación, de valores, de respeto polos demais, etc. ¡vaia exemplo de cidadanía hai nestes blogs!
Aquí confúndese política con intereses persoais e sobre todo co traballo de persoas desinteresadas. Na A.A.V.V de Adina, e estou seguro que nas demais Asociacións de Veciños, a xente que forma parte delas non se está a lucrar cos seus postos, nin moito menos. Están a sacrificar tempo coas súas familias e amigos co fin de lograr que se fagan cousas para as súas aldeas ou pobos, e en algúns casos ata aportacións económicas sen saber si algún día o verán recompensado.
Os que buscan lucro, e do grande, son os políticos que publican estos blogs na internet. Políticos escondidos detrás de un seudónimo, os que non lles importa nada danar ós que se están a sacrificarse pola súa xente, como os das A.A.V.V ou Comisións, precisamente porque os políticos iso de mirar polos bens comúns dos cidadáns, fano ben pouco.
Tamén puidemos ler noutros blogs algo sobre a nosa revista, esta que nós diriximos e da que todos vostedes forman parte. Miren, en esta revista sempre (polo menos dende que nos, Andrea Rey Prego e Carlos Názara Blanco, collemos as rendas) se tratou e se trata de defender os intereses comúns a tódolos veciños de Adina e de Sanxenxo en xeral. E seguirémolo facendo, porque os veciños esto é o que se merecen, non batallas políticas que non conducen a ningures. E para esto criticaremos o que creemos que está mal feito, e aplaudiremos o correcto, como ata o de agora, moleste a quen lle moleste. Nos non nos fixamos nin na dereita nin na esquerda, nin PP, nin PSOE, nin BNG, nin Vips, etc.
Esta “vaca” da política debe de dar moi bo leite, cando tanta xente se pelexa por gobernar. O curioso do caso é que quen alimenta a esa “vaca” somos tódolos cidadáns.
A próxima vez que queirades criticar algo da revista de Adina, ¿porqué non dades a cara como bos críticos? Xa que eu creo que criticar está ben, sempre que sexa constructivo e que aporte unha solución posible. Non criticar por criticar,e por riba firmando como ANÓNIMO.
Nós, si firmamos os nosos artigos, porque o que neles se di é a nosa forma de ver as cousas e así o queremos facer ver, sen necesidade de faltar ó respeto a ningunha persoa, como en algúns casos se fai nestes blogs, e sempre aportando posibles ideas.
Este artigo e na honra da nosa A.A.V.V na súa defensa e mais na de tódalas demais do Concello de Sanxenxo. Un saúdo a todos/as e seguide así, que vos, sodes quen facedes grandes as parroquias. Aquí sempre defenderemos o voso duro e nunca recoñecido traballo.

sábado, 24 de noviembre de 2007

CALIDADE DE VIDA.

Ola queridos amigos. Hoxe quérovos falar dun tema sumamente importante: a saúde. As veces creemos que iso de levar unha vida sá sempre vai unido o sufrimento, pero hoxe tentarei demostrarvos que non sempre é así.
Dende antes de nacer, comezase a formar o noso organismo. A partir do primeiro día de vida a nosa saúde vai a estar nas mans dos nosos proxenitores. Os primeiros anos son de suma importancia. Por poñer un exemplo: que un adulto sexa obeso ven determinado nunha gran medida por como sexa no seu primeiro ano de vida. É aquí, de 0 a 1 anos cando o noso corpo vai a desenrolar o total das células graxas que teremos o resto da nosa vida, polo que creo que non é necesario citar o mal que lle podemos estar facendo o noso fillo só “por velo gordiño”.
Pero atención, isto non quere dicir que de 0 a 1 ano esteamos delgados e logo xa ¡ala, a descoidarse! España é un dos países con maior taxa de obesidade infantil do mundo. Este problema é moito mais grave do que se cree. Hoxe en día, o ritmo de vida que levamos fai que nos sexa moito mais cómodo comprarlle unha vídeo consola o noso fillo/a e unha boa cantidade de bolería industrial para que coma cando teña fame, que ter que preocuparse de levalo as actividades deportivas que haxa na zona e ter que facerlle un bocadillo para merendar. Como dicía antes, a sociedade actual obríganos a ter que traballar, tanto as nais como os pais, pero por sorte, neste concello contamos cunha das mellores estruturas de actividades extraescolares de toda a provincia, onde a oferta é amplísima e inclúe transporte de ida e volta, o cal nos libera bastante. Aproveitemos esta gran vantaxe e animemos os nosos fillos a facer deporte, xa que será moi bo, tanto para eles como para nos.
A base dunha boa alimentación, así como a loita contra a obesidade infantil comezan cada mañá co almorzo. Esta é a comida mais importante do día, e é insubstituíble. El só, debe aportarnos 1/4 do total dos nutrintes que debemos obter a través da inxesta da dieta cada día. Xa comezamos a sentar unhas bases sobre a alimentación: 1º, Almorzar sempre e ben. En segundo lugar direivos que os expertos recomendan facer varias comidas lixeiras o longo do día que facer poucas e copiosas. Debemos comer de todo: pan, froita, leite, carne, peixe… sen esquecernos de ningún dos nutrientes esenciais: Hidratos de carbono, proteínas e graxas. Si, tamén debemos de comer graxas, aínda que é recomendable fuxir das saturadas (patacas fritas de bolsa), unha parte dos compoñentes da nosa dieta ten que ter graxas (aceite de oliva).
Nun esquema de porcentaxes, e co fin de obter un equilibrio enerxético correcto, estes tres macronutrientes repartiríanse da seguinte forma na dieta de cada día:
55 % - 60 % Hidratos de Carbono
25 % - 30 % Lípidos (graxas)
12 % - 18 % Proteínas
Os hidratos de carbono deben proceder de: froitas, verduras e cereais (arredor do 40%), pasta (45%) e azucres (15% aprox.).
As graxas deben ser, preferiblemente vexetais e non saturadas.
As proteínas deben proceder dos aminoácidos fundamentais.
E en terceiro e ultimo lugar sinalaremos a grande importancia que ten a actividade física diaria. Tanto en nenos como en maiores, unha boa forma física é fundamental para levar unha vida saudable. Isto non significa ter que competir nalgún equipo dalgunha modalidade deportiva concreta, nin moito menos. Debemos optar por exercicios cardiovasculares, de baixa intensidade pero prolongados no tempo. Deste xeito, a enerxía que imos precisar para realizar este exercicio obterémola a través do metabolismo aeróbico. Este metabolismo obtén a enerxía a través da combustión das graxas acumuladas co osixeno que respiramos. Sona moi científico, pero non é mais que, por exemplo, ir a andar uns 45 minutos cada día a unha intensidade media. Con isto estaremos cumprindo co noso obxectivo, e o organismo váinolo agradecer.
Señoras e señores, como antes vos dixen, isto non supón un esforzo sobrehumano. Eu convidos a sumarse a estes tres puntos e verán como o que lles digo non é so tinta nun papel. En moi pouco tempo a súa calidade de vida será moito mellor.

Texto: Carlos Názara Blanco.

CONCURSO DE COMICS PARA A REVISTA DE ADINA.

PARTICIPADE:
Presentade os vosos proxectos na casa cultural de adina, e os mellores serán escollidos para animar a nosa revista.
Requisitos:
- Que sexan tiras de cómic, non mais de dúas tiras.
- Divertidas, con humor.
- Presentadas en formato a4.
- A rotulador e sen bolígrafo nin lapis, con letra clara.

O RINCÓN DE THARLESS.

Boas de novo. Aaahh, que ben estar aquí.Despois de tanto tempo, todo segue igual… suben as hipotecas, suben os prezos dos alimentos, sube a calidade de vida…. Todo menos o soldo dos pobres traballadores.
Nova alcaldesa, nova tempada e novas ilusións.
Que gusto de país… perdón por tervos tanto tempo sen noticias miñas, pero andiven liado con asuntos persoais e profesionais, pero agora xa podo regresar e se cadra, con máis forzas que nunca.
Empezamos polo tanto.
Como antes xa dixen, nova alcaldesa, pero a mesma canción de sempre. Como vedes, cambia o tono pero non a canción. Nada máis escomeza-la súa andadura de alcaldesa, auto imponse un soldazo de tres pares… e digo eu… non che dará vergoña sabendo que a maioría dos nosos vecinos malviven cunha pensión de 400 euros ao mes???
E todos eses cartos para qué? Sanxenxo nunca estivo peor, as aldeas andan deixadas pola man de dios, pero como dixo un tipiño fai tempo: “Sanxenxo va bien”.
Vaia desgraza…. Por certo, andamos os da asociación de veciños a voltas co tema de instalar fibra óptica polos arredores do concello, aproveitando que R anda metendo en Sanxenxo.
De momento, todo é una idea, pero sería interesante coñecer de primeira man a cantidade de xente que hai na aldea que ten una empresa e necesita a gran ferramenta que é internet.
Supoño que moitos de vos pensaredes:”¿ i eu para que quero o internet ese? ¿Máis gastos no meu lar?”
Pois non señores, estamos no século 21, o da tecnoloxía informática, negocios pola rede, comunicación mundial… pero seguro que moitos de vos, veciños, non sabedes as vantaxes desta ferramenta.
O mundo non acaba ao lado dos nosos lares. Porque levantarte as 7 da mañá para coller cita no centro medico de Portonovo cando o podes reservar por internet?
Porque non podemos facerlle os mobles a un tío de Francia? Porque non nos fan encargas de cancelas dende Inglaterra? Porque non podemos ter un negocio máis ala das nosas casas?
Quen di un negocio, di solucionar cousas da nosa vida cotiá sen ter que andar dun lado para outro, dende as nosas casas.
Pasando a outro nivel de cousas, polo que vexo, estanse a facer proxectos, que a asociación tiña en mente.
Tamén nos gustaría que a xente da aldea participara na revista, polo que animamos aos rapaces de tódolos lares a que participen no proxecto dos cómics da revista, así como no envío de peticións, dudas ou calquer cousa que sirva para que esta aldea vaia cada día un pouco mellor.
SAIDE DAS VOSAS CASAS, E AXUDADENOS A FACER DE ADINA UN LUGAR MILLOR DIA A DIA!!!!!
GRAZAS.
Para contactarnos: revistadeadina@hotmail.com, kutxo_jevi@hotmail.com, ou o local da asociación de veciños…. ESPERÁMOSVOS!!!
Texto: Américo García Limeres

SENSACIÓNS E SENTIMENTOS.

“ A escuridade faime dubidar se debo seguir avanzando, cada paso que dou estou menos seguro de seguir camiñando, algo descoñecido atráeme cara a dentro, a luz do progreso urbano deixa paso ós claroscuros do interior empedrado, as lapas dos cirios crean sombras caprichosas que me reciben a entrada coa intención de facerme desistir, o subconsciente desdóbrase para decidir nunca loita mental se debo continuar, a frialdade da noite faime suar, non aguanto máis o insoportable silencio, os grilos comezan a banda sonora, por fin, non estou so!! É o momento, chirría a cancela en sinal de protesta, a próxima vez fareino con máis coidado. O canto do grilo amplifícase ata que o asubío do vento ocupa o seu lugar, os pasos cada vez son máis pequenos e lentos, as pegadas na grava soan a paladas de enterrador, os meus movementos diante da tenue luz crean siluetas entre as lápidas que se moven máis ca min, a pesar dos nervios estou satisfeito, acabo de comprobar que o cemiterio ten vida”
Dedicado ó Cemiterio de Adina.
Texto: Jorge García

HISTORIA DO CAMPOSANTO.

O Cemiterio de Adina vai cumprir 42 anos, durante este tempo acumuláronse unha gran cantidade de sucesos, que intentamos rescatar a través da testemuña da persoa que máis tempo leva traballando nel, facendo obras varias na ampliación do mesmo, así coma diversos traballos de mantemento, ordenación e limpeza.
Antonio García Esperón traballa na construción dos panteóns dende 1974, pero colabora de xeito voluntario co mantemento do cemiterio porque non existe ningunha persoa que o realice.
O día 23 de Novembro do 1965 (Día das Ánimas) foi inaugurado, o Alcalde Leopolodo Agís, Benito “da Xesteiriña”, Don José (o cura) e varios directivos da Confradía de Portonovo foron os principais promotores do proxecto. A primeira fase rematou no 1983, coa construción (de xeito desordenado nalgúns casos) da parte antiga do cemiterio que consta duns 1600 nichos aproximadamente, a segunda fase aínda está en marcha e conta cuns 1360 nichos de momento. A xestión da compravenda dos panteóns creo algúns problemas, os rexistros e documentacións máis antigas non están perfectamente controladas, polo que non se sabe a ciencia certa quen son os verdadeiros propietarios de algúns nichos, hai herdanzas non rexistradas, documentos extraviados e pleitos familiares. Por outra banda, o Pósito vendeu as propiedades sen cota de mantemento ou comunidade, (algo habitual en tódolos cemiterios )o que complica a posta en marcha dun servizo que tarde ou cedo terá que funcionar. Por agora , a Confradía ofrece varios servizos gratuítos ós usuarios, incluso está construíndo servizos públicos.
Durante os primeiros anos, os nichos da Igrexa fóronse trasladando ó novo emprazamento, pero o primeiro defunto foi un veciño de Arra que foi enterrado o 31 do 11 do 1965. Existen moitas persoas de relevancia pública que descansan neste camposanto como o ex alcalde Leopoldo Agís , Sandalio Alonso De La Riva (exalcalde republicano de León) ou Ramón de Valenzuela (escritor e político galeguista).
Tamén descansan aquí os restos dos nenos e adultos falecidos no tráxico accidente da Fábrica de Peña o 17 de Novembro do 1962, despois dunha primeira ubicación.Tamén é destacable o defunto veciño de Portonovo Miguel Carballa Otero que foi o de máis idade con 106 anos no intre da defunción.
O Pósito decidiu facer un panteón para defuntos “temporais”, aqueles mariñeiros que aparecían e non eran identificados nos primeiros días. En Outubro do 1976, apareceu nas redes dun barco un neno de vinte días sen identificar, nunca se soubo quen era pero despois de ser enterrado, apareceron flores na súa tumba de xeito anónimo, un enigma que dura ata hoxe. Os que visitan con asiduidade o lugar o coñecen coma o “neno descoñecido” e lle seguen poñendo flores.
Como anécdota, Esperón destaca a ocasión na que o antigo enterrador estaba cambiando de nicho o corpo moi deteriorado dun defunto, cando o cigarro que estaba fumando se lle caeu entre os restos do corpo e rebuscou entre eles ata que o recuperou sen inmutarse.
Tamén cabe destacar a rodaxe dunha película neste lugar, que mantivo en uso unha sala de autopsias ata o 2 do 7 do 1987, cando o médico forense trasladouse ó hospital.
A historia do cemiterio dalle unha volta a perspectiva da nosa vida.
Texto: Jorge García.

HERMANOS BARBEITO F.S.

O Hermanos Barbeito F.S. é o club de fútbol sala mais importante que hai no concello de Sanxenxo. Con 25 anos de historia, esta será a terceira tempada consecutiva que xoga na 1ª A Nacional do Fútbol Sala español (o equivalente a 2ª división B de Fútbol).
Os seus comezos datan de 1981, cando comezou xogando torneos de verán. Neste mesmo ano, fedérase na Liga local de Sanxenxo e comezar unha ascensión meteórica. Dende entón, o seu palmarés non fixo mais que medrar e medrar. Entre os seus logros mais destacados atópanse: Ascenso a 2ª Provincial de Pontevedra (89/90), ascenso a 1ª Provincial Pontevedra (91/92), ascenso Liga Autonómica Grupo Sur (93/94), Ascenso a 1ª Nacional B Grupo 8 (94/95), campión Copa Deputación de Pontevedra, ascenso a 1ª Nacional B Grupo 8 (00/01) e o mais grande de tódolos ascensos, que foi o que o levou a 1ª Nacional A Grupo 1 (04/05), categoría na cal se mantén dende entón.
Aínda que este ano os homes que adestra Rodrigo Méndez Arosa non comezaron con moi bo pe, xa que nas 7 primeiras xornadas so foron capaces de sumar 3 puntos, de seguro que as cousas han cambiar pronto, dado o gran traballo que está a realizar o corpo técnico. É aquí onde hai que destacar a un compoñente do mesmo: Bruno Varela Valladares, que compaxina a perfección os seus dous papeis dentro do equipo: por unha banda, é un porteiro de garantías, e pola outra, ocupase da sempre difícil e pouco recoñecida labor de preparador físico. Ata a tempada pasada, Bruno tamén se encargaba de adestrar as categorías inferiores do equipo. Isto venos a dar unha idea de por que o Hermanos Barbeito F. S. foi capaz de chegar tan lonxe, xa que, contando con profesionais desta talla, o difícil é que as cousas vaian mal.
Este ano contan cun presuposto de pouco mais de 50.000 €, financiados basicamente polos patrocinadores, colaboradores e socios. Este é o terceiro ou o carto mais baixo da categoría. Aínda así, a entidade é ambiciosa e busca o seu profesionalismo, tarefa que se entoxa complicada, para deste xeito poder ser un referente do fútbol sala comarcal.
A este nivel competitivo tan alto, os custos son moi elevados. Entre fichas federativas, árbitros, material, desprazamentos, etc. os gastos vanse mais aló dos 65.000 € anuais, co cal vemos que os esforzos por manter a categoría non só son deportivos. A directiva traballa na incorporación de novos patrocinadores co fin de poder acadar un equilibrio entre gastos e ingresos. É de supor que pronto os conseguirá, xa que un equipo que percorre case todo o norte de España nos seus desprazamentos é un marco seguro de publicidade para calquera tipo de ente. Esta é unha das publicidades mais efectivas e económicas que se poidan facer. O equipo é moi coñecido no mundo do fútbol sala e garda boas relacións con tódolos demais. Esta mesma pre tempada, o Leis Pontevedra (equipo da elite do fútbol sala nacional) veu xogar un partido contra eles e para o torneo de Nadal de este ano, esperase poder ter aquí a dous equipos mais da división de honra: o A. Lobelle de Santiago e o Azkar Lugo F. S., xunto co Leis. Isto danos unha idea da repercusión a nivel autonómico e incluso nacional que vai a ter este torneo, e o que se poden dar a coñecer os seus patrocinadores.
Esperamos que pronto comecen a chegar os triunfos para que a presión non se apodere do equipo. Nos, como afeccionados, podemos ir a apoialos o pavillón de Baltar. A entrada é moi económica, 3 €, ó igual que facerse socio, que só custa 20 € anuais. Con isto, estaremos apoiando e axudando a que esta gran familia que é o Hermanos Barbeito F. S. poida cumprir os seus obxectivos.

O MEU SOÑO CON HERMANOS BARBEITO F.S. É QUEDAR CAMPIÓNS.
_ Nome completo e cargo que ocupa dentro da directiva.
Maximino Gonzalez Miniño, pero todo o mundo me coñece como “Maxi”. O meu cargo en este clube é Vicepresidente.
_ ¿Cantos anos leva no clube?
Esta será a miña cuarta tempada.
_ ¿Cal é a dificultade mais grande de ter un equipo nunha categoría de tanto nivel?
Sen dúbida algunha, o tema económico é a dificultade mais grande. É un tema que nos preocupa moito. Eu non son quen leva a parte económica, pero debemos de ser o terceiro ou cuarto clube nesta categoría co presuposto máis baixo.
_ A profesionalización do equipo,¿para cando se prevé?
Ufff, nos dende o principio tivemos un proxecto moi ambicioso, pero é moi complicado levalo a cabo, sinxelamente polo tema económico. Levamos tres anos nesta categoría e tíñamos pensado manternos un par de anos mais para perfeccionar o equipo e logo loitar por ascender a división de prata, aínda que, tal e como están as cousas neste intre, si ascendéramos tendríamos que renunciar, xa que non nos dan os cartos para tanto.
_ ¿Teñen plena confianza no corpo técnico a pesar dos resultados?
Por suposto, confiamos plenamente. Estamos xogando ben, creamos moitísimas ocasións de gol pero non somos capaces de materializar. Falta algo que intentamos atopar. Apértanos moitísimo o calendario pero a calidade dos equipos e bastante igualitaria, tanto nos equipos de arriba como os que van por embaixo, e confiamos en que pronto cheguen os bos resultados.
_ ¿En que posición da táboa lle gustaría quedar o final de tempada?
En principio, o noso obxectivo é manter a categoría. De todos modos gustaríanos andar pola metade da táboa e chegar ós tres últimos partidos de liga sen xogarnos o descenso.
_ ¿Creen que é posible esta posición?
Eu creo que si, de todos modos de non ser así, intentaríamos buscar solucións, pero sempre confiando no corpo técnico.
_ ¿Cal sería o seu soño co Hermanos Barbeito F.S.?
Quedar campións, aínda que non ascendéramos por falta de cartos. Pero confórmome con que a xente valorara onde estamos agora mesmo.
_ ¿Cal é a afluencia de público nos partidos da casa?
Entre 70 e 100 persoas, o certo é que está bastante ben, pero claro, isto non é o fútbol e a afluencia de seguidores e moito menor. Por exemplo un partido do Leis, que está na categoría de honra, só enche o campo cando veñen equipos como por exemplo o Interviú.
_ Fáganos unha promesa: Si algún día o Hermanos Barbeito chega a División de Honra, a primeira entrevista, ¿concederédeslla a Revista de Adina?
Sen problema ningún, para nos sería marabilloso ascender e poder compartilo con vos e con tódolos afeccionados de este deporte.
Texto: Carlos Názara Blanco

OS AFECTADOS POLAS OBRAS DE MELLORA DA SEGURIDADE VIAL NA ESTRADA VILALONGA-SANXENXO CONVOCAN UNHA REUNIÓN INFORMATIVA.

O vindeiro domingo día 5 de Novembro do 2007, terá lugar unha xuntanza informativa a que están invitados a asistir tódolos veciños afectados polas obras de mellora da estrada Vilalonga-Sanxenxo. A reunión de carácter informativo será ás 20:00 horas na Cultural de Vilalonga, onde se informará da situación actual dos trámites do citado proxecto.

OS VECIÑOS DE ADINA SOLICITAN REFORMAS NOS PASOS ELEVADOS DE BALTAR.

A Asociación de Veciños San Miguel de Adina solicitou a pasada semana, que se fagan as obras de modificación dos pasos elevados situados nos arredores do Instituto de Baltar, os veciños desta zona califican como asombroso, o feito de que os citados pasos, de recente construción, reteñan unha gran cantidade de auga da choiva e residuos varios arrastrados pola mesma, por non facer esta obra do xeito adecuado.
O obxectivo que se buscaba coa construción dos pasos elevados era a mellora da seguridade vial da zona, pero as circunstancias actuais crean agora outros problemas derivados das acumulacións destas bolsas de auga. Existe un problema para os vehículos de posible “acuaplaning”, ademais de dificultar o tránsito peonil polos propios pasos de peóns e os seus arredores, xa que, os propios vehículos salpican de xeito fortuíto, ás persoas que camiñan por esta zona.
O colectivo veciñal aposta por un cambio de inclinación en cada paso ou pola instalación dun novo desaugue que libere a auga retida en cada lugar. A agrupación de Adina tamén esixe que estas reformas corran a cargo da empresa que realizou as primeiras obras, para que estas modificacións non supoñan un gasto engadido as arcas municipais.
Tamén solicítase a poda dunha árbore que impide a visión da sinal de aviso dos citados pasos elevados, e que está situada uns corenta metros antes en dirección Portonovo dende a Barrosa.

PREESCOLAR NA CASA, EDUCAR EN FAMILIA (XA, NO CONCELLO DE SANXENXO).

Preescolar na casa é un proxecto de formación de país en educación infantil que dou comezo en 1977 para tódalas familias da Comunidade Autónoma de Galicia e é un servizo totalmente gratuíto.
Traballan xuntos os país (ou persoa que acompañe o neno ou a nena, que deberá ter entre 0 e 6 anos), estes mesmos e un profesional da educación, que en este caso é Luz Iglesias. Todos xuntos dialogarán, reflexionarán é analizarán a vida cotiá e a súa influencia na educación dos nenos e nenas, o tempo que os profesionais darán unha serie de pautas relacionadas con temas educativos nestas idades. Tamén poderán aprenden a valorar e aproveitar os recursos existentes no contorno como elementos educativos.
Estas reunións celébranse na casa Forestal de Noalla un xoves cada quince días en horario de 11:00 a 13:00. O prazo de inscrición está aberto mentres dure o curso (xuño de 2008),podéndose anotar ou borrar de xeito libre e gratuíto. Para elo, só debemos poñernos en contacto co Concello ou asistindo persoalmente a estas reunións
Este proxecto non só se basea nas reunións, se non que tamén dispoñen: dun progama semanal na TVG (os sábados ó redor das 8:30 da mañá), servizo de teletexto na TVG con cambio semanal de contidos, páxina Web que é http://www.preescolarnacasa.org/ , programas semanais de radio como en RNE Galicia, entre outras, revista bimensual, servizo de orientación educativa a través de e-mail, correo ordinario, teléfono, ludobiblioteca itinerante, préstamos de libros e xoguetes de balde, publicacións propias de libros, cadernos, material audio visual, tamén se levan acabo saídas programadas os que poden ir amigos, familiares....
Este proxecto dá tan bos resultados, aínda que moitos nin o coñecíamos, que incluso outras Comunidades Autónomas como Andalucía, Gran Canarias, etc. se animaron a levalo acabo.
Texto: Andrea Rey Prego

A NOS HISTORIA EN FOTOS

Esta é unha fotografía que data de 1960. Representa o coro de Luís do Barro, no xa perdido pero aínda recordado, cine do lugar de Gondariño, en Portonovo. Esta fotografía, unha vez máis, cedéunola Manuel Bea, ó que aproveitamos para agradecérllela colaboración con nos.

II CERTAMEN XUVENIL DE PINTURA AO AIRE LIBRE. PRAIS DE SANXENXO

Asociación Xuvenil Saraiba do Mar
O pasado sábado 27 de outubro, tivo lugar o II CERTAME XUVENIL DE PINTURA AO AIRE LIBRE, para rapaces de entre 4 e 18 anos. A participación foi semellante á do ano pasado, cun total de 11 participantes. Todos eles, ás 10 da mañá, selaron os soportes sobre os que ían pintar ao longo do día, no centro de ensino RONSEL. As 17 horas desa mesma tarde, foron achegándose por dito centro para entrega-las obras realizadas. Houbo moita variedade, ainda que predominaron os debuxos sobre papel, con diversas técnicas, como o collage, as ceras duras, as ceras brandas e ata os lápices acuarelables. No caso das pinturas feitas sobre lenzo, a súa totalidade foron levadas a cabo con pintura acrílica, de rápido secado, e moi apropiada para a pintura rápida, que era eso no que consistía o certame.
Os rapaces elixiron libremente as praias, o tema escollido para este ano. A máis visitada foi a praia de Portonovo, logo a de Paxariñas, Canelas, Caneliñas e Pragueira. Algúns dos participantes pintaron a praia en toda a súa totalidade, e outros escolleron motivos máis concretos como as rochas, a auga, a area…, que por certo, houbo quen a trouxo pegada á obra como un elemento máis da pintura.
Despois de recibir tódalas obras, produciuse a deliberación do xurado, entre os que se encontraba un representante da Asociación Xuvenil Saraiba do Mar, promotora do certame; un representante do Concello de Sanxenxo, outro de Ronsel e unha mestra de Educación infantil.
Dúas horas máis tarde, estaban xa os participantes inquedos por coñecer os gañadores, e non perdendo vista de tódalas obras expostas. Os premios consistían en lotes de material de debuxo e pintura, tres por categoría, dependendo das idades. Houbo dous premios desertos: o segundo e o terceiro da categoría de 14 a 18 anos, polo que a organización decidiu repartirlos entre os restantes rapaces que quedaron sen premio, para que todos se foran cun sorriso para casa. As obras premiadas pódense ver na páxina Web do Centro de ensino Ronsel que é www.obradoiroronsel.blogspot.com Os premiados foron os seguintes:
1º Categoría de 4 a 8 anos:
1º premio: SARA GARCÍA NÚÑEZ
2º premio: IRIA DOMÍNGUEZ FERNÁNDEZ-GES
3º premio: ROCÍO MATILLA NÚÑEZ
2º Categoría de 9 a 13 anos:
1º premio: YAIZA AGUÍN GARCÍA
2º premio: CARMEN MÉNDEZ MUÑIZ
3º premio: MARÍA GAGO MUÑIZ
3º Categoría de 14 a 18 anos:
1º premio: ANDREA GARCÍA GONDAR

TEMOS PÁRROCO PARA RATO

Como todos sabemos, o párroco da nosa parroquia, o día 17 de setembro sufriu un percance coa súa saúde. Todo foi por culpa da obstrución dunha arteria. O día 22 xa puido trasladarse a súa casa onde descansou quince días. Agora coidase moito mais, deixou o tabaco, a comida con sal, intenta non ter emocións demasiado fortes, sobre todo disgustos. Aínda que todos sabemos que iso non se busca, nin se pode evitar, senón que veñen soas e ai que sobre levalas como un ben pode.
Texto: Andrea Rey Prego

A NATALIDADE ESTÁ EN AUXE

Estamos de noraboa na Adina, a natalidade da nosa aldea está crecendo. Temos a sorte de que a xuventude parece que se animou a ter cativos. Pasear polas rúas do noso fermoso pobo con tantos nenos, é unha gozada e co parque que proximamente nos construirán (esperemos), estes nenos poderán disfrutar como nunca o fixo a miña xeración (que é aínda recente) nin as anteriores. O día da festa da Adina, atopeime cun amigo de xogos da infancia e isto mesmo estivemos comentando. Que quen nos dera a nos, que eramos catro pelagatos, ter tantos amigos con quen divertirnos e un lugar onde facelo. Con isto non digo que a miña infancia non fora divertida, de feito paseino en grande e os meus mellores recordos son desta etapa. Pasámolo moi ben pero sen tantos medios. Antes xogábamos nas rúas o fútbol, o escondite...ata as tantas da noite, hoxe en día isto é impensable, tanto polo aumento de tránsito como polo medo a que os nosos pequenos lles poida pasar algo malo.Os tempos cambiaron, e hoxe en día é imprescindible ter un lugar onde os rapaces poidan xogar e divertirse dunha forma segura, un lugar como será o novo parque. En fin, veciños de Adina, continuar aumentando a poboación da nosa aldea que isto transmite alegría e ben estar.
Texto: Andrea Rey Prego.

PRECAUCIÓN:RECADACIÓN

Dende a súa implantación, o pasado 1 de Xullo de 2006, o carné por puntos non está a cumprir coas expectativas.
En España xa son miles os condutores que perderon o seu permiso de conducir por mor da retirada de tódolos seus puntos. Nembargante, as cifras de mortos nas estradas non se reduciron, que era o obxectivo co que se facía. Isto non se pode discutir, xa que son cifras oficiais que vemos cada día nos medios de comunicación. Agora que ven que as cousas non funcionan, endurecen as leis de tráfico e van a castigar coa prisión a aqueles condutores mais perigosos. Paréceme ben, hai que retirar das estradas a estes perigos en potencia, pero, señores pensadores da Dirección General de Tráfico, eu como condutor, dende a entrada en vigor deste marabillosísimo permiso ando mais pendente de mirar o contaquilómetros para non excederme do límite de velocidade que de atender a estrada. Estou seguro de que ó igual que eu, a moitos mais condutores lles pasa o mesmo, e de que unha gran porcentaxe dos accidentes que se producen “por despistes” son mais ben por esta outra razón.
Pero non pasa nada, como condutores temos que estar tranquilos e atender ó volante, que se nos pasamos coa velocidade xa nos avisarán moi amablemente mediante unha foto dalgún radar que estaba situado nalgún punto escondido dalgunha estrada. E non só nos avisan de que nos pasamos de velocidade, senón que tamén te informan da cantidade de euros que tes que abonar as arcas do estado e dos puntos a detraer do teu permiso de conducir. A verdade, ¡¡hai que ver que ben se portan connosco!!
Non creo que sexa eu o único que pensa que os obxectivos ocultos que hai detrás de toda esta pantalla publicitaria non é outro que o de financiar coas nosas multas unha parte moi importante do gasto estatal. Os radares nunca están en puntos negros das estradas, mais ben atópanse xusto detrás dalgunha sinal de 50 km/h situada en rectas inmensas e sen perigo de ningún tipo, cousa bastante estraña cando a súa función é a de evitar accidentes. Estas sospeitas que eu teño de que isto das multas é mais ben unha boa forma de recadar cartos confirmáronse o día que escoitei na televisión, de boca de un ex axente de tráfico, que a cada Guarda Civil se lle esixe un mínimo de denuncias mensuais. Isto ben a aclarar todo. Si os teus superiores che esixen un mínimo de multas, ti colocarás os radares onde sabes seguro que vas a pillar a xente para poder despreocuparte de futuros problemas, e iso dos puntos negros e da precaución deixámolo para outro.
Agora, cada vez están a morrer mais motoristas, e a culpa é de que “non están preparados nin práctica nin teoricamente”. Pois de novo se confunden. Cada vez morren mais motoristas por unha simple razón: cada vez hai mais motos na estrada, xa que pagar o combustible dun coche estase a converter nun luxo e hai que irse a vehículos mais económicos.
Na miña opinión as solucións non son aumentar a idade mínima para conducir, nin facer mais exames, nin inventarse carnés por puntos. Eu creo que a solución podería ser investir tódolos cartos que se gasta o “Gobierno de España” en propaganda, en facer estradas mais seguras, eliminando os gardarraíles, que son os que de verdade matan motoristas, pavimentando de xeito coherente, etc.
Con isto non estou dicindo que se deban sacar as multas nin os castigos os malos condutores, só digo que fagan as cousas buscando o obxectivo que se nos vende nas campañas publicitarias: reducir o número de mortes nas estradas.
¡¡Espero que a DGT non me coñeza para que non tomen represalias contra min por este artigo!!

Texto: Carlos Názara Blanco.