miércoles, 18 de abril de 2007

PRESENTACIÓN

Como ben sabedes, o día 1 de Abril, publicouse o último número da Revista de Adina. Foi un número especial, non só pola súa brevidade, senón pola finalidade que seguía: a despedida da directiva, e moi en concreto de Jorge García Caamaño.
A Asociación de Veciños de San Miguel de Adina, agradécelle o labor desenvolvido dende os inicios, coa posta en marcha dunha publicación inédita, nun ámbito tan reducido como o rural. Jorge, non só levou a cabo o traballo de redacción e elaboración da revista, senón que fixo de enlace entre as distintas asociacións, partidos políticos, organismos e institucións para que poidesen poñer conxuntamente as súas demandas por escrito.
Tras isto, a Asociación de Veciños de San Miguel de Adina, nombrou un novo equipo que poida manter a publicación da Revista de Adina e continuar na que será a redacción do próximo número de maio. Elisa Franco Torres, como directora, e Andrea Rey Prego como subdirectora, serán as encargadas da Revista, arropadas por Gerardo Fernández Otero e Casimiro Telmo Pérez, presidente e secretario da asociación respectivamente.
Comunicarvos tamén, que seguiremos esperando os vosos escritos e manifestacións como ata agora, pero nunha dirección de correo electrónico nova:
revistadadina@hotmail.com
A Revista de Adina, da un paso adiante incorporándose ás novas tecnoloxías. Para que as súas publicacións teñan presencia na rede. Tras cada novo número da Revista de Adina, os artigos aparecerán neste blog: http://www.revistadadina.blogspot.com/

Recibide un cordial saúdo da nova directiva da Revista de Adina.

2 comentarios:

tharless dijo...

Mu buenas desde el ciberespacio.
Sabiades xa que as obras de R xa andan por sanxenxo?
Hay que averiguar o tempo que tardara en apareser en Adina.
en canto poida, aparesco polas reunions, que ando mais liado que la virgen.
noticias noticiosas a: kutxo_jevi@hotmail.com.
Saudos de americo

REVISTA DE ADINA dijo...

Ola Américo,
Xa nos falaron de ti. Esperamos verte pronto por eiquí.
Os de R penso que xa andiveron por Baltar e esperamos que entren pola Adina como auga de maio.
Un saudiño e busca un oco para nós.