martes, 15 de mayo de 2007

J. LUIS RODRÍGUEZ LORENZO. Candidato á alcaldía do Concello de Sanxenxo polo VIPS

-Nome completo
José Luis Rodríguez Lorenzo
-Data e lugar de nacemento
1953, Pontevedra
-Profesión
Técnico en ascensores
-O seu peor defecto
Contar sempre a verdade
-¿Que circunstancias lle levaron a entrar na política?
Decidín entrar na política cando vin o mal que o estaban a facer os dirixentes políticos a nivel municipal. Era o que a min máis me inquedaba.
-¿Por que aceptou vostede a candidatura neste partido político e non noutro?
Eu non acepto a candidatura neste partido político, senón que montamos un partido político, somos novos. Os partidos tradicionais todo o fan só contando coas próximas eleccións. Non estou dacordo co proceder dos partidos políticos tradicionais, temos que obedecer demasiadas ordes de arriba.
-¿Que experiencias e coñecementos pode aportar a súa labor como alcalde?
Quizais sexa o candidato que máis experiencia poida aportar. Levo na lista persoas que foron concelleiros. Eu mesmo fun concelleiro, diputado e tamén alcalde.
-¿Cal é a maior necesidade do concello de Sanxenxo nestes momentos?
Asegurar o futuro dos nosos xóvenes e tamén dos non tan xóvenes.
-¿Que núcleo ou cidade é o espello no que se debería mirar Sanxenxo?
Non creo que ningún municipio deba sentirse reflectido en outro. O concello de Sanxenxo debe ter entidade propia. É un municipio único, pola súa situación xeográfica, o seu microclima, os seus cidadáns.
-¿Como ve vostede o concello de Sanxenxo dentro de 15 anos?
Vexo o concello de Sanxenxo presidido por un membro de VIPS. Vexo un concello totalmente modificado.
-Unha proposta para a desestacionalización do turismo
Xa fixen algunha pública e non me gustaría seguir facéndoas ata que saian no programa e por escrito. Van destinadas ao apoio á xuventude e aos menos favorecidos económicamente, e alongar a tempada de ocupación no municipio de Sanxenxo co apoio á industria turística.
-¿Pensa que a desestacionalización do turismo fomentaría a estabilidade laboral?
Por suposto.
-¿Que outras potencialidades económicas poderían desenrolarse no concello de Sanxenxo?
Non podo facer público o programa. Pero pódense establecer empresas que fomenten o emprego, e sobretodo, que aporten tódolos días do ano, ocupación hoteleira. É dicir, máis traballo.
-¿Que papel xoga o rural de Sanxenxo no potencial económico do concello?
O rural é o gran abandoado. É imprescindible volcarse no rural para que este municipio sigua sendo por moitos anos turístico. O gran futuro do concello de Sanxenxo está no rural.
-¿Como ten pensado potenciar a actividade económica no rural?
Temos pensado volcar o presuposto municipal, case todo, no rural. Por ambición propia. Temos que dotalo de determinados servizos que nos axuden a potencialo económicamente.
-¿Que falta para que o concello de Sanxenxo esté a cabeza en benestar social?
O concello de Sanxenxo é outro dende que se aprobou o primeiro PXOM, isto marca un antes e un despois. O que lle falta ao concello é que as corporacións municipais pensen máis nos veciños do municipio e menos no seu propio interese de medrar económicamente.
-¿Como cre que afectará a nova lei de costas a Sanxenxo, positiva o negativamente?
Paréceme que afectará moi negativamente ao concello. Con isto non estou a dicir que non esté dacordo con protexer a costa. Non estou dacordo coa forma en que se quere levar acabo. As vilas máis próximas á costa veríanse moi negativamente afectadas.
-Os altos prezos da vivenda ¿son positivos ou negativos para os habitantes do concello de Sanxenxo?
Moi negativos. Están a conseguir que o concello sexa propiedade de terceiros. Os nosos xóvenes, e non tan xóvenes, teñen que ir a outros municipios limítrofes a buscar vivenda. Como tampouco se lle ofrece un traballo estable, vanse definitivamete. O concello de Sanxenxo está perdendo a sua identidade.
-¿Cales son os espazos naturais que merece a pena conservar no concello de Sanxenxo?
Prácticamente todo o rural que queda. A xente cre que hai máis do que realmente temos. Porque ainda que os teñamos neste momento físicamente, a sua edificación xa está aprobada no PXOM.
-¿Cómo solucionará os problemas de tráfico e estacionamento na época estival?
Hai solucións para o tráfico e estacionamento tanto nas vilas de Portonovo como na de Sanxenxo. Témolas recollidas no programa electoral pero de momento non as imos desvelar.
-¿Onde fai vostede as súas compras de alimentación e vestimenta?
Merco producto galego, sémpre con presa e no pequeno comercio.
-Sendo alcalde ¿qué cambiará na praza de abastos de Sanxenxo?
Esto habería que falalo e negocialo con todo o colectivo de peixeiras. Creo que si queren construir unha nova praza no mesmo lugar, elas tamén deben dar algo a cambio, como por exemplo, abrir algunha tarde do ano. Queremos a dinamización do comercio para atraer á xente.
-Denos unha data para a inauguración do centro social e cultural de Adina.
Honestamente non a ten. Si gañamos, está dentro dos catro anos de lexislatura.
-Seis candidatos para un só posto. Dígame un adxectivo para cada un deles.
Catalina. Unha soa vez e porque nos abandonou o anterior. Dulcinea. De ilusións tamén se vive. Roberto. O imposible non se vai a cumprir nestas eleccións. Jorge. Bisoñez política. Dora. O veciño xa a coñece.
Data da entrevista: 26/04/07. Texto: Andrea Rey Prego. Fotografías: Andrea Rey Prego

1 comentario:

Anónimo dijo...

Xa entendo a forma mais "elegante, de guante branco, de facerse con un capital que non lle corresponde o equipo de goberno
Non leera a sua entrevista, ahora comprendo o que quere decir cando di que" hay politicos que so o son co animo dee crecer economicamente, sabia de outra formas, pero vese que non son suficintes é ai que encher mais o peto.
Xovenes sin experiencia ningunha, casi ningún de eles gañou mais de doce pagas de 800 euros por traballar 10 horas diarias,e ahora a poñerse sueldos de ministros, bueno a redeira nin a eso chegaba de media, pero e unha forma de taparlles a boca e que estén caladiños como os anteriores; pola boca morre o peixe, e polos cartos cerra a boca mais de un.
Non o votei; pero algún día recapacitarei mais o voto.