viernes, 7 de septiembre de 2007

O FÚTBOL SALA FEMININO, UN DEPORTE EN AUXE

A Asociación Xuvenil SARAIBA DO MAR constitúese o 20 de xaneiro de 1999 no marco do Concello de Sanxenxo. A Asociación xurge como colectivo xuvenil que pretende traballar en beneficio dos xóvenes do Concello de Sanxenxo, recoller as súas inquedanzas e tratar de aportar o seu gran de area á xuventude. A intención é aglomerar as necesidades da xuventude e dar saída ás mesmas, por medio da organización de actividades e cursos que respondan ás demandas de tempo libre de tódolos xóvenes.
Deste modo, a finais de 1999, nace a idea de formar un Equipo Feminino de Fútbol Sala que encha ese oco que o deporte feminino ven reclamando insistentemente. O que nunha primeira tempada foi unha aventura dun equipo de doce xogadoras, en seis tempadas despois converteuse nunha realidade de catro equipos e cincuenta xogadoras, nas categorías xuvenil, cadete, infantil e benxamín. Este clube, na actualidade conta con catro equipos e unha escola base de fútbol sala. En tódolos nosos equipos conseguimos reunir a un grupo de xogadoras xóvenes, chegadas de distintos puntos do municipio.
Na actualidade temos un total de corenta e oito xogadoras federadas nas categorías de xuvenil, cadete e infantil. Cada equipo conta cun entrenador que colabora con nós desinteresadamente.
Os resultados deportivos foron chegando co traballo dos monitores que colaboran desinteresadamente co equipo. Ainda que os desprazamentos non son moi longos, temos que contar coa axuda dos pais e nais das nenas para poder desplazarnos aos partidos. Esto supón un grande aforro económico.
Con esta estructura e a escola base, que xa conta con cinco equipos, aseguramos a continuidade do fútbol sala feminino no Concello de Sanxenxo a medio e longo prazo.

1 comentario:

Jose Portonovo dijo...

o femenino irá moi ben segun ti pero por exemplo ó masculino retiraronlle o esponsor e a subvención que tiñan, e eso que entre os equipos figura un en 1ªA de futbol sala( ven sendo o mesmo que a 2ª B de futbol). por non decir nada de que unha das ligas locais de futbol sala mais prestixiosa de Galicia que tamen se deixou de celebrar.