martes, 15 de mayo de 2007

C.C.U. ENTRETENDAS PARTICIPA NAS ACTIVIDADES DA SEMANA NAVAL

Este mes de maio, ENTRETENDAS C.C.U., estará presente nun dos eventos náuticos máis destacados da ría de Pontevedra. Trátase da Semana Naval RÍA DE PONTEVEDRA, unha competición que ten como finalidade a promoción da vela, como disfrute e como deporte de élite. Varios clubes náuticos (Marín, Aguete, Beluso, Portonovo e Sanxenxo) competirán nos seus respectivos campos de regatas. A ría de Pontevedra convertirase no gran estadio da vela no que se estima navegen máis de medio millar de embarcacións, cunha participación de máis de 1.500 deportistas.
O evento desenrolarase no Porto de Sanxenxo, coincidindo coa ponte das Letras Galegas, entre os días 17 e 20 de maio. Na Praza do Mar, instalarase o village, onde se celebrarán actividades complementarias, non só para os participantes e acompañantes dos regatistas, senon tamén para o público en xeral.
O village estará composto dunha serie de expositores de diferentes empresas e firmas comerciais, moitas delas relacionadas co mundo da vela, así como outras institucións e organizacións, entre as que se encontra ENTRETENDAS C.C.U.
A participación de ENTRETENDAS C.C.U. céntrase en dous ámbitos. Por un lado, a posibilidade de disfrutar dun día de regatas coa realización de sorteos entre os asociados e clientes de Entretendas:
1.- Sorteo de 3 viaxes para dúas persoas para o 17 de maio (inclúe almorzo, saída pola ría para ver a regata, merenda e entrega de premios)
2.- Sorteo de 15 viaxes para dúas persoas para os días 18, 19 e 20 de maio (inclúe unha volta pola ría ás 12:00h dunha hora de duración)
O sorteo realizarase o día 11 de Maio ás 21:00h na Oficina de Entretendas e comunicaráselle aos premiados por teléfono ao día seguinte.
Por outro lado, ENTRETENDAS C.C.U. disporá dunha carpa para a realización das seguintes actividades:
1.- Obradoiros de artesanía e tempo libre, adicados ao público infantil, organizados polo obradoiro de arte Ronsel. Tódolos nenos que o desexen poderán disfrutar de actividades creativas e lúdicas, totalmente gratis. Os obradoiros realizaranse na carpa de Entretendas na Praza do Mar, en horario de mañá e tarde, os catro días do evento.
2.- Bautismos de Mar, aqueles que o desexen, maiores e pequenos, poderán sentirse, por unha hora, como patróns dunha embarcación naval. Terán que anotarse anticipadamente na carpa de Entretendas na Praza do Mar, nos seguintes turnos, do 17 ao 20 de maio: (11:30h / 12:30h / 16:30h / 17:30h).
A FEIRA DE LIQUIDACIÓN 2007 RESULTOU UN ÉXITO
A III Feira de Liquidación de Entretendas: EntreRebaixas, resultou un éxito tanto para os comerciantes presentes como para a Asociación. A feira acolleu un total de 17 comercios que ofertaron roupa, calzado e complementos fundamentalmente.
Así mesmo, os que alí estiveron poideron disfrutar do espectáculo Portovisión da Asociación Cultural Teatro do Mar e a exhibición de baile de salón e baile deportivo de “Os Auténticos” da Asociación de Veciños de San Miguel de Adina; tanto os espectadores como os comerciantes quedaron gratamente impresionados con ambas actuacións.
Por parte dos comerciantes, o obxectivo económico cumpriuse satisfactoriamente no 57%. Un 37% afirman que superáronse as súas expectativas. O 7% restante pódese interpretar como “conforme” có resultado obtido.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Estos de entretendas teñen moita vista :)

Gracias por pasaros por nuestro blog http://veigadescalza.blogspot.com/ que é, sen dúbida, o blog que ten máis comentarios de todo Sanxenxo (tomaaaa modestia). Pero esto é porque dende que escribimos de política local chegan dende todas as partes e partidos para opinar, xa veremos se siguen igual dentro dunhas semanas cando volvamos o de sempre. Porque eso o teño moi claro, o que seguiremos facendo a partir de agora será para meternos entre nós o coa actualidade do pobo sempre en clave de humor.

Dende aquí tamén apoiamos os blogs como o voso, máis serios pero tamén necesarios. Xa veremos se tamén seguides visitándonos dentro dunhas semanas. Nos seguro que os visitamos igual ;)

Saudos.

Zebedeo.

REVISTA DE ADINA dijo...

Visitamos a miúdo o voso blog. Sen dúbida convertiuse nun lugar de referencia da vida (nocturna)en Sanxenxo.
Temos rido moito coas vosas entradas. Son do máis orixinal. Propoñémosvos, nun deses momentos de inspiración, o envío dun artigo para publicar. Sabede que A Revista de Adina, está aberta a tódolos veciños e colectivos do Concello de Sanxenxo.
Un saúdo e ata pronto.